• General Search
  • Companies
  • Events
  • Blogs
processing

Sofia Espiñeira – Cantautora Galega

Alá onde agroman as herbas
"...e vou, ben esperta, alá onde agroman as herbas, en entre cancións bica o sol as miñas pernas."

Profile Description

Sofía Espiñeira - cantautoraSofía Espiñeira, natural de Mugardos, adéntrase na música dende pequena cursando os estudos de Grao Elemental no Conservatorio Profesional de Música de Ferrol co clarinete como instrumento. Na súa mocidade comeza a tocar a guitarra e a cantar dun xeito autodidacta, compoñendo os seus primeiros temas.

Posteriormente, tralos estudos universitarios de xornalismo, adéntrase de cheo no mundo das artes escénicas formándose en danza contemporánea, circo e teatro a través de distintas escolas como a Escola de Circo Oreka (Pamplona) e Circonove (Santiago de Compostela).

 

Dende o 2010 traballa en diversas compañías e proxectos, nas que inclúe moitas veces a música en directo. En Abril do 2015 resulta gañadora do II Certame de canción de autor en galego do concello de Teo, o cal lle permite grabar o seu primeiro disco, Alá onde agroman as herbas, e comezar a súa carreira como cantautora.

Ademáis do seu proxecto musical propio, actualmente traballa como actriz na compañía Teatro ó Cubo, como cantautora no espectáculo Matrioskas da compañía A Tropa de trapo e como bailarina nos concertos infantís de Xoán Curiel.

Visita a miña tenda en FairMarket para ver os meus últimos traballos. Grazas.

Leave a Comment